20 dic 2010

Torpeza

E cando cres que todo é perfecto... atopas a maneira de estropealo.

3 dic 2010

A soas

Cando fai moito tempo que non estas cunha vella amiga, tes medo de que volva a chegar ese momento, de que a vosa complicidade se perdese, e os silencios incómodos, sen saber de que falar, o delaten, rompendo aquilo que compartiades para sempre.
Así é como hoxe me sinto eu... de novo a soas... comigo mesma.

25 oct 2010

Despistada

Onde deixei a confianza en min mesma? Xuraría tela gardado por aquí. Pero nada, levo horas buscandoa, e só atopo o medo, as dúbidas e, sobre todo, o cansancio.

4 oct 2010

15 de Outubro II

Ata que un día... un día un pequeno detalle che fai pararte realmente. Obserbas a túa vida, observas os seus cambios e, daste conta de que, alomenos esta vez, non tes que ser benevolente. A túa vida é diferente, pero non podes imaxinarta mellor.
E só atopo unha palabra que o resuma: Amote.

15 de Outubro

Sempre, unha vez ó ano, cada vez que se achega a data, comezamos a revisar a nosa vida. Miras atrás, valorando que tal o estás facendo: ¿es realmente feliz? ¿estás aproveitando o teu tempo?
Ás veces da medo... que pasa se non é así? É máis cómodo limitarse a vivir sen máis, non valoralo... ¿Con que cara te dis a ti mesma algo como: sintoo, pero acabas de desperdiciar un ano?
Hai que ser moi valente para analizar fríamente o que deixamos atrás, para valoralo obxetivamente... moi valente, e moi inhumanos. Porque, cando facemos a nosa valoración, todos somos benevolentes con nós mesmos, aceptamos os nosos erros, dámonos dúas palmadiñas nas costas, e animámonos a seguir adiante.
Porque esa é a única maneira de ser feliz, e comezar outra vez.

28 jun 2010

Fetiches

Atopeime fai xa tempo cunha rapaza que, malia defender valores como a sinceridad ou a lealtad, atopei xuzgando á xente polo seu aspecto ata o punto en que definía o namoramento en base a un criteiro tan simple como ese.
E é que, malia que todos temos criteiros para encasillar á xente, a altura, peso, color de pelo e ollos é alto tan simple que resulta aburrido... E é que a xente de hoxe en día non sabe discriminar por si mesma. Chegamos ata un punto no que ata as preferencias de cada un e os criterios son marcados pola sociedade... que triste...
Cales emprego eu, pregutaredes. Cales son os meus fetiches?

- A postura corporal, sobre todo á hora de permanecer apoiado ou sentado. E dicir, hai un determinado tipo de postura corporal que me atrae.
- O estilo de peinado.
- As expresións faciais. Non todo o mundo emprega igual os músculos da súa cara para expresarse... e hai expresións que son realmente bonitas... Unha das miñas amigas está guapísima cando finxe indignación.
- Como non, os bicos...
- Adoro as miradas que che fan sentir cómoda e segura... que transmiten confianza.
- A expresión de opinións propias, sobre todo se defenden unha opinión que considero madura, ou teñen como base valores como a independencia.
- O uso de coñecementos de alto nivel sobre un tema concreto, sin que a súa exposición sexa o obxetivo.

Todos temos os nosos fetiches, certo, non pretendo decir que non nos fixemos no aspecto da xente. É inebitable formarse primeiras impresións... pero, polo menos, que sexan os nosos fetiches, e non os da sociedade. Independencia e individualidade.

2 jun 2010

Relato para una introvertida

Definirte es fácil: eres ciega, tonta del montón, egoísta, nunca encontrarás a nadie.
Ciega porque no ves tu encanto. Tonta porque no comprendes tu inteligencia. Del montón, porque no luchas por mostrar lo que te hace diferente. Egoísta porque te reservas solo para ti. Y nunca encontrarás a nadie porque, el día en que lo encuentres, dejarás de ser la introvertida a la que le dedico estas líneas.

Relato para una psicóloga

He leído miles y miles de historias de psicólogos. Psicología positiva es el nuevo género en el que se ubican eses nuevos libros que tienen la capacidad de relajar hasta el último músculo de tu cuerpo, de devolverte las ganas de vivir y de luchar, y, sobre todo, de darte ese filtro rosa en la mirada para ver tu vida de otra manera.

Ojalá, algún día, tenga la facultad de escribir de ese modo, te dices. Ojalá pueda pronunciar unas palabras así, ojalá pueda llenar de esa manera las vidas de quienes acuden a mí, pidiendo ayuda. Ojalá...

Mi dulce niña... ojalá te llegue el día en que dejes de exigirte el cielo para estar satisfecha... ojalá veas tu trabajo con orgullo... Ojalá, algún día, encuentres en alguno de esos libros, las palabras que te consuelen a ti.

9 may 2010

Lights and Shadows

Estar á sombra dalguén...
Unha amiga, un irmán, un compañeiro... simplemente, alguén próximo. Alguén que brilla, que destaca en algo. O seu brillo impide que a xente vexa a túa valía.
Non o fai con mala intención... ás veces, nin sequera é consciente do efecto que produce.
Pero ti si.
É doloroso sentirse ignorado, sentir que a xente non aprecia as túas capacidades, que os que te rodean, ós que queres, non poden ver o que eres porque tes preto a alguén que se che asemella...

Pero o máis preocupante é que, amiúdo, incluso ti mesmo eres cegado, e rematas por esquecerte.

8 may 2010

A todos nos pasa... sempre que vemos unha película, quedamos influídos por ela, polas ideas que defende ou polos sentimentos que a abarcan... en maior ou menor medida, pero todos quedamos inlfuidos por ela...

A película da que nesta ocasión falo é Amelie... a primeira frase coa que me conquistou foi "Odia esas películas antiguas en las que los conductores no miran a la carretera"... Todos temos unha Amelie dentro de nós... e esa frase foi a que sacou a relucir a miña. Malia que coñecía a súa existencia, como todos nós, non me dera de conta de ata que punto me identifica...

- Gústame subrayar con rotuladores verdes fosforitos
- Gústanme as libretas en blanco, e adoro a maneira da que os bolígrafos se deslizan por elas, así como o ruído que fan os rotuladores
- Gústame despertarme vendo os raios do sol... adoro o olor a mañá de bo tempo
- Adoro beber cando sinto a boca quente
- Gústame mirar como moven a cola os gatos
- Gústame escoitar á xente falar noutras linguas aínda que non as entenda... adoro o contraste de fonemas na miña cabeza.
- Gústame arrancarlle os papeis ás botellas de plástico grandes, así como reducir folios a pequenos trociños de papel coas tixeiras
- Encántame como quedan as libretas escritas con papeis extras engadidos... esa sensiación de desorden e caos, coidadosamente gardado.
- Gústame a sensación de habituación á auga demasiado quente cando te estás duchando
- Disfruto sumerxendo a cabeza deibaixo da auga e deixando que o pelo vague, libre da gravedad.
- Encántame bailar soa, xirar, sobre todo, e libre de miradas.
- Gústame fixarme nas accións e, sobre todo, miradas da xente cando creen que ninguén os obserba, e están concentrados nas súas cousas.
- Gústame quitarme os restos de chocolate dos dedos, o tacto da auga caendo por riba delas e o olor a xabón cando as lavas.
- Adoro a sensación de frescor que ten a roupa cando a vas a gardar no armario despois de lavala.
- Encántame correr baixo a chuvia, co pelo solto, e, sobre todo, a maneira de caos e desorganización... a maneira tan viva, da que queda o pelo cando te miras despois ó espello.
- Encántame cerrar os ollos e, simplemente, imaxinar... crear...
- Gústame estirarme sentindo que o meu corpo se extende, deixando unha sensación de absoluto relax.
- Gústame saltar... e, sobre todo, caer... ese punto no que a gravedad non inflúe, no que a velocidade é cero, no que cambias o teu sentido... deixar o meu corpo fluír e, por un instante, flotar libre de calquera forza...
- Gústame montar nata... ver como vai perdendo densidade... como pouco a pouco parece máis un mar de nubes.
- Gústame gardar pequenos detalles, cheos de significado malia o seu tamaño
- Gústame que a xente que me importa se dea conta de como son sen que eu llo diga... sobre todo cando máis pequenos sexan os detalles nos que se fixan e, especialmente, se eu non era consciente.
...

12 abr 2010

Podería ser...?

Pode ser que este corazón estea espertando de novo?
Realmente, a resposta non é o que importa, senon a sensación de que a vida sigue, de que o improbable vai gañando probabilidade.

20 mar 2010

Onde estás?

Din as vellas lendas, que os seres humanos eramos dobres en orixe... existían homes-mulleres, homes-homes e mulleres-mulleres...
Non obstante, un bo día, fumos cortados á metade...
Agora, como seres incompletos, vagamos buscando o outro ser que nos enche como individuo...

Eu non busco un amor verdadeiro, non busco unha amiga única, non busco un familiar ausente, nin tampouco busco a miña verdadeira eu.
Sona egoísta pedir, vindo dalguén que xa ten todo iso, pero a natureza humana é avariciosa... as persoas felices movémonos día a día, loitando por cousas que nos sigan facendo sentir ben, por cousas que nos fagan máis felices, por máis emocións, máis aventuras, máis sentimentos...
E esa avaricia é a que nos fai loitar, a que nos fai quenes somos... a que nos fai vivir realmente.

E esa, amigos, é a avaricia que eu estou pedindo.

15 feb 2010

"Ains... se te deixaras querer un pouco máis... "
A miúdo me queixaba de non sentirme comprendida, de que os que me rodeaban non entendían a miña forma de pensar, de estar soa... Agora, por primeira vez, non só atopei esa comprensión, senon outra moito maior...
Alguén que é capaz de sacar da miña alma pensamentos dos que nin eu era consciente...

14 feb 2010

A túa chamada... ese feito que sempre capta a miña atención...
Eu, que son a forte, a madura, a que supero xa todo...
Sigo sen poder ignorar as túas chamadas.
E o peor é que non é algo que me atomente. Alomenos, comparado coa inquietud pola posibilidade de que non me volvas chamar.

9 feb 2010

A verdade

Todos temos días nos que desexamos estar sós, conectar co noso interior, acadar esa verdade que só o silencio e a tranquilidade nos pode proporcionar.
Algúns precísano máis... pasan horas mortas encoitando unha canción, que esconde a voz da súa alma entre as notas.
A outros, en cambio, chégalles cunha noite de soños, nos que recorren o seu subsconciente e os seus inconfesables desexos.
Hoxe, eu son das que evita esas situacións, eses momentos, coa teima de que a verdade que gardo non sexa a que eu quero.

29 ene 2010

Inexplicablemente feliz...
...ou pode que menos inexplicablemente do que me atrevo a admitir.

28 ene 2010

Ignorancia

Hai días nos que cres non saber nada....

Que sintes?

Que debes sentir?

e, sobre todo...
Qué queres sentir?

19 ene 2010

Carta a un anónimo

Nunca pensei que chegaría a sentir isto por ti.
Nunca crín que puidese chegar a sorrirte así.
Nunca soñei con chegar a desexarte como o fago.
Nunca concevira vela túa mirada como halago.

Nunca imaxinei adicarche estas liñas.
Nunca me perdoarei se descubres que son miñas.

4 ene 2010

Novo ano, nova vida.
Moita xente, sobre todo cando pasa malas épocas, emprega esta frase para poñerlles un punto e final. O feito de que fai anos un papa decidira que o tempo ía a ser medido así, creen que lles da poder para facer o que ata agora non foron capaces.

Non obstante, eu podo afirmalo sen mentir "novo ano, nova vida". Porque non é o novo ano o que me da forza, senon o feito de que me traizoaras desta maneira.
Ti eres quen marca este punto e final, non o tempo. E iso, meu amigo, dalle máis forza da que eu nunca xamais pudera terlle dado.