A todos nos pasa... sempre que vemos unha película, quedamos influídos por ela, polas ideas que defende ou polos sentimentos que a abarcan... en maior ou menor medida, pero todos quedamos inlfuidos por ela...
A película da que nesta ocasión falo é Amelie... a primeira frase coa que me conquistou foi "Odia esas películas antiguas en las que los conductores no miran a la carretera"... Todos temos unha Amelie dentro de nós... e esa frase foi a que sacou a relucir a miña. Malia que coñecía a súa existencia, como todos nós, non me dera de conta de ata que punto me identifica...
- Gústame subrayar con rotuladores verdes fosforitos
- Gústanme as libretas en blanco, e adoro a maneira da que os bolígrafos se deslizan por elas, así como o ruído que fan os rotuladores
- Gústame despertarme vendo os raios do sol... adoro o olor a mañá de bo tempo
- Adoro beber cando sinto a boca quente
- Gústame mirar como moven a cola os gatos
- Gústame escoitar á xente falar noutras linguas aínda que non as entenda... adoro o contraste de fonemas na miña cabeza.
- Gústame arrancarlle os papeis ás botellas de plástico grandes, así como reducir folios a pequenos trociños de papel coas tixeiras
- Encántame como quedan as libretas escritas con papeis extras engadidos... esa sensiación de desorden e caos, coidadosamente gardado.
- Gústame a sensación de habituación á auga demasiado quente cando te estás duchando
- Disfruto sumerxendo a cabeza deibaixo da auga e deixando que o pelo vague, libre da gravedad.
- Encántame bailar soa, xirar, sobre todo, e libre de miradas.
- Gústame fixarme nas accións e, sobre todo, miradas da xente cando creen que ninguén os obserba, e están concentrados nas súas cousas.
- Gústame quitarme os restos de chocolate dos dedos, o tacto da auga caendo por riba delas e o olor a xabón cando as lavas.
- Adoro a sensación de frescor que ten a roupa cando a vas a gardar no armario despois de lavala.
- Encántame correr baixo a chuvia, co pelo solto, e, sobre todo, a maneira de caos e desorganización... a maneira tan viva, da que queda o pelo cando te miras despois ó espello.
- Encántame cerrar os ollos e, simplemente, imaxinar... crear...
- Gústame estirarme sentindo que o meu corpo se extende, deixando unha sensación de absoluto relax.
- Gústame saltar... e, sobre todo, caer... ese punto no que a gravedad non inflúe, no que a velocidade é cero, no que cambias o teu sentido... deixar o meu corpo fluír e, por un instante, flotar libre de calquera forza...
- Gústame montar nata... ver como vai perdendo densidade... como pouco a pouco parece máis un mar de nubes.
- Gústame gardar pequenos detalles, cheos de significado malia o seu tamaño
- Gústame que a xente que me importa se dea conta de como son sen que eu llo diga... sobre todo cando máis pequenos sexan os detalles nos que se fixan e, especialmente, se eu non era consciente.
...
No hay comentarios:
Publicar un comentario