15 dic 2009

Morriña

As cousas que máis se botan en falta son as máis pequenas.... o feito de que non sexa eu xa a primeira en enterarme das cousa que che pasan.

14 dic 2009

Cómo se pode ser tan tonta?
Correr a túa chamada sen dubidar. Escoitar ata a mínima palabra que me dedicas. Atender ós teus xestos, ás túas miradas... Querer coñecerche de verdade, sexas quen sexas agora...
Facer todo isto, consciente do sufrimento que me conlevará.
Pero o máis incríble é alegrarse porque, como mínimo, agora xa sei as consecuencias.

5 dic 2009

Interludio

Este blog semella ter cambiado nos últimos meses... toma un ton máis intimista, máis privado.
Novas necesidades...
Supoño que recolle esas cousas que preciso dicir, pero que nin sequera podo contarme a min mesma.

3 dic 2009

Procurando

Ando na procura de algo
Algo que me faga sentir viva, que encha este día a día sen razón aparente. Que faga que a dor que produce seguir vivindo vala a pena. Que o traballo de manter os ollos abertos se vexa recompensado.
E non o atopo.
Mais sigo buscando. Porque iso implica conseguir un futuro para continuar coa miña procura. Un futuro no que, con sorte, o atoparei.
Porque sufriría unha vida enteira se existe unha posibilidade de que un dos seus segundos sexa feliz.

Shima

Por qué me sigues?
É tan fácil refuxiarse en ti...
Deixar que me protexas do mundo cos teus brazos, como se fose unha meniña...
Que me cantes polas noites
Que me abraces cando choro
Que me peines cando preciso cariño
Que seques as miñas bagoas
Que escoites as miñas máis profundas penas

De novo, esquéceseme que o mundo non é branco ou negro...

1 dic 2009

A pirámide de Abraham Maslow

Tipos de motivacións:

Necesidades fisiolóxicas: Fame, sono...
Seguridade: ter un fogar, economía...
Pertenencia/amor: necesidades sexuais, amizade, sentirse integrado nun grupo
Estima: sentirse valorado, tanto polos demáis como por un mesmo
Realización: ser creativos, desenvolver talentos...

Cómo se pode reducir en tan sinxela clasificación todo desexo que nos impulsa día a día, a levantarnos e seguir vivindo?