Non me gustan os valores desta sociedad. Non me gusta o snob que somos, o preocupados que estamoas por estúpidos pequenos rituais, como eso fora decisivo para determinarnos como pertencentes desta especie.
Non me gusta que a opinión dunha persoa determine a de miles, e aínda sabendoo, esta teña tanta importancia no noso estilo de vida. Non me gusta o noso estilo de vida, contaminado, infeliz. Ensínanche a sabrificarte por un futuro, ata que eres demasiado vello para telo. E entón, xa non che quedan forzas para rebelarte, nin inxenuidade ou entusiasmo para crer que o cambio poida ser posible. Non me gusta a visión dogmática, na que a existencia de 2 opinións diferentes implica que unha delas debe de ser, por forza, equivocada. E unha vez que decides que o é, decides que sempre o foi, e que sempre o será. Pero sobre todo, non me gusta que os meus soños, desexos e, sobre todo, os meus medos, me sexan impostos.
Chegou a hora de pensar sobre quen eres e, especialmente, sobre quen queres ser.