15 feb 2010

"Ains... se te deixaras querer un pouco máis... "
A miúdo me queixaba de non sentirme comprendida, de que os que me rodeaban non entendían a miña forma de pensar, de estar soa... Agora, por primeira vez, non só atopei esa comprensión, senon outra moito maior...
Alguén que é capaz de sacar da miña alma pensamentos dos que nin eu era consciente...

14 feb 2010

A túa chamada... ese feito que sempre capta a miña atención...
Eu, que son a forte, a madura, a que supero xa todo...
Sigo sen poder ignorar as túas chamadas.
E o peor é que non é algo que me atomente. Alomenos, comparado coa inquietud pola posibilidade de que non me volvas chamar.

9 feb 2010

A verdade

Todos temos días nos que desexamos estar sós, conectar co noso interior, acadar esa verdade que só o silencio e a tranquilidade nos pode proporcionar.
Algúns precísano máis... pasan horas mortas encoitando unha canción, que esconde a voz da súa alma entre as notas.
A outros, en cambio, chégalles cunha noite de soños, nos que recorren o seu subsconciente e os seus inconfesables desexos.
Hoxe, eu son das que evita esas situacións, eses momentos, coa teima de que a verdade que gardo non sexa a que eu quero.