22 mar 2014

Sobre as lámpadas

         Sempre me gustou ler baixo a luz dunha lámpada de pé. Fai anos, un dos momentos máis relaxantes do meu día consistía en sentarme nunha butaca, acender a lámpada, e coller o meu libro favorito. A vella lámpada do salón foi un dos meus regalos de cumpleanos, creo recordar, e tiña unha luminosidade perfecta. Era totalmente flexible, e podía adaptala e xirala a pracer; unha auténtica gozada. Creo que nunca atoparei unha lámpada como esa. Fai case dous anos que me rompeu, que a estantería, mal atornillada, se lle caeu enriba por erro. Intentei aprobeitala e arreglala, pero foi inútil; caíase continuamente e resultaba moi engorrosa. Así que agora me atopo escribíndo estas liñas no sofá, coa luz da habitación encendida. Para ser sincera, nin sequera recordaba a vella lámpada ata que vin a nova. Ben, non é nova. Esa lámpada ten xa case un ano, pero para min segue sendo a lámpada nova porque nunca a emprego. Demasiado engorrosa, comparada coa vella. Oh, esa sí era unha boa lámpada, sí. A vella lámpada, a que tan cómoda era. A que xa non recordaba. A que, malia participar nos meus momentos favoritos do día a día, pasou pola miña vida sen máis. A que foi, e será, tan só unha lámpada.

Sobre a beleza

       Hai veces que, sen querer, te atopas cun texto que conmove a túa alma profundamente da mellor das maneiras: con ese tipo de tenrura e paz que non podes agardar por compartir co resto do mundo. Un sentimento tan puro, que case non te atreves nin a traducilo.

                 "Being beautiful is more than how many people you can get to look at you, or how others perceive you at a single glance. It’s about what you live for.  It’s about what defines you.  It’s about the depth of your heart, and what makes you unique.  It’s about being who you are and living out your life honestly.  It’s about those little quirks that make you, you.  People who are only attracted to you because of your pretty face or nice body won’t stay by your side forever.  But the people who can see how beautiful your heart is will never leave you."

     Traducción libre: 
               "Ser "bonita" é máis que canta xente consigues que se xire a mirarte, ou como che perciben cunha ollada. É sobre o para qué vives. É sobre o que che define. É sobre a profundidade do teu corazón, sobre o que che fai única. É sobre ser quen eres e vivir de maneira honesta. é sobre ese pequenos detalles que che fan ser ti. Unha cara bonita non dura para sempre, pero a beleza do corazón nunca te abandona."

     "É máis sinxelo curar un corazón roto que unir os trozos dunha identidade destrozada"