28 jun 2009

Fragmento 1

Non son diferente a vos. Non vou contar algo que vos sorprenda, nin que vos resulte extraño. Se iso é o que queredes ler, coñezo un montón de títulos de literatura fantástica que vos poden interesar.
Pero este fragmento non pertence a eles.
Como vos, adoro ler. Pásome o día metida entre letras. Busco algo que me cautive, que me emocione. Devoro libros na súa procura. Amiúdo semella máis ben, que son os libros os que me devoran a min. Certo é que non é unha busca inútil. De cando en cando atopo aquelo que procuraba. Mais só dura unhas horas...
Co tempo, só se convirte en recordos e, ás veces, nin iso. Nunca ocorreu, acaso, que non somos quen de recordar con exactitude o argumento dun libro, que se viu fusionado con outras historias? Non resulta frustrante ter empregado días nel, para que, co paso dos anos, non esteamos seguros de se un feito ocorría antes ou despois doutro?
Un pensa entón, non só ó tempo que lle dedicou a eses coñecementos, senon ó tempo que no futuro lle dedicará. Porque, ademáis de ter consumido xa gran parte da súa vida, converteuse nunha droga sen a que non se pode vivir. Tan precisa como a comida ou o descanso, a literatura seguirá consumindome pouco a pouco.