Sempre, unha vez ó ano, cada vez que se achega a data, comezamos a revisar a nosa vida. Miras atrás, valorando que tal o estás facendo: ¿es realmente feliz? ¿estás aproveitando o teu tempo?
Ás veces da medo... que pasa se non é así? É máis cómodo limitarse a vivir sen máis, non valoralo... ¿Con que cara te dis a ti mesma algo como: sintoo, pero acabas de desperdiciar un ano?
Hai que ser moi valente para analizar fríamente o que deixamos atrás, para valoralo obxetivamente... moi valente, e moi inhumanos. Porque, cando facemos a nosa valoración, todos somos benevolentes con nós mesmos, aceptamos os nosos erros, dámonos dúas palmadiñas nas costas, e animámonos a seguir adiante.
Porque esa é a única maneira de ser feliz, e comezar outra vez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario