30 sept 2012

Winter is coming...

              Facía xa tanto dende que vivín esta rutina, que aínda non me habitúo a ela. Quizais sexa porque nunca foi exactamente esta...
              Síntome tranquila, vigorosa, cómoda, emocionada... síntome feliz. 



              O inverno case sempre ten este efecto en min. Cálmame, méceme como unha canción de cuna. Faime acurrucarme en cálidas e suaves mantas, que semellan protexerme de todo mal, que me aislan de toda preocupación, que me empuxan a vivir segundo os meus designios, e os de ninguén máis.
              Síntome como unha pequena nena, perdida no medio da neve, á que súa nai lle puxo un abrigo e un gorro gordiños, para evitar que pase frío. Ela non é consciente de tal cousa, non se preocupa por ese detalles, tan fascinada que está coa caída dos copos de neve... non pensa en outra cousa que non sexan as posibilidades que ese pequeno milagro lle ofrece... Pero malia a súa inocencia, está protexida de todo mal, de todo dano. Para que viva e desfrute do seu mundo. Para que só teña que preocuparse por ese pequeno copo de neve aterrou no seu diminuto nariz. 
              O inverno é, sen dúbida, a miña estación favorita. Cálida, malia o que poida parecer nun principio... nunca te abrigas tanto como en inverno. Chea de recordos cargados de emoción, sobre vellos comezos. E, sobre todo, chea de novas posibilidades. 

28 sept 2012

Bucarest



                  Vexo unha antiga foto, e entrame unha especie de morriña. De añoranza. Unha sensación no estómago que me fai sorrir e recordar os tempos nos que saquei esa foto. A cantidade de veces que recorrín ese sitio sen pensar que nunca volvería. E sen pensar que, unha vez non puidera volver, o botaría de menos. "Xa está", pensaba. "Estibo ben, nada máis. Foi unha experiencia para recordar o que aprendín dela.".

                  E aquí estou hoxe, contra todo pronóstico, botando de menos aquel camiño que antes apuraba. Aquel cuxos días ía tachando, añorando á súa vez os días da miña rutina habitual. Aquel no que nunca mirei atrás... no que nunca crín que fora a facelo. Pero agora, exactamente un ano despois, doume conta das cousas que cambiaron naquel tempo, das sensacións novas que non apreciei o suficiente... desa melodía que me acompañou, e que se convirteu nunha canción de cuna...



                  Non vou a dicir que desexaría volver, ou que a vida que alí levaba sexa a que quero agora. Non era o lugar, non era o idioma, non era a xente... era a liberdade. De que só o agora importa, de que o tempo é infinitamente meu, infinitamente libre, infinitamente infinito... o presente sempre presente... Era a concepción de que a miña vida está no agora, no momento, no instante... Eran aqueles 4 meses interminables, como é a vida para cada un de nós... e que remataron, igual que o fará a vida para cada un de nós. Con días máis planeados, con días improvisados, con días vacíos.
                  En Bucarest vivín. Eu. E sen máis guía que eu mesma. Supoño que é o que a xente sinte cando chega á universidade. Supoño que é o que eu sentín nese momento tamén, aínda que agora non o lembre. É unha vida paralela, cun principio e un final, unha pausa para ser ti, ou para non selo. Un momento para descubrir.
                  E iso fixen. Os lados bos, os lados malos. O meu pequeno erasmus... a miña pequena aventura... A odisea ó meu interior, o parto da miña alma. Doloroso, atemorizante... realizante. E esquecelo está máis alá do meu control.
                 
                 E agora sei o que é a miña vida, o que a fai seguir sendo, e o que lle transmite significado. Sei o que me agarda... e estou preparada.