29 ene 2010

Inexplicablemente feliz...
...ou pode que menos inexplicablemente do que me atrevo a admitir.

28 ene 2010

Ignorancia

Hai días nos que cres non saber nada....

Que sintes?

Que debes sentir?

e, sobre todo...
Qué queres sentir?

19 ene 2010

Carta a un anónimo

Nunca pensei que chegaría a sentir isto por ti.
Nunca crín que puidese chegar a sorrirte así.
Nunca soñei con chegar a desexarte como o fago.
Nunca concevira vela túa mirada como halago.

Nunca imaxinei adicarche estas liñas.
Nunca me perdoarei se descubres que son miñas.

4 ene 2010

Novo ano, nova vida.
Moita xente, sobre todo cando pasa malas épocas, emprega esta frase para poñerlles un punto e final. O feito de que fai anos un papa decidira que o tempo ía a ser medido así, creen que lles da poder para facer o que ata agora non foron capaces.

Non obstante, eu podo afirmalo sen mentir "novo ano, nova vida". Porque non é o novo ano o que me da forza, senon o feito de que me traizoaras desta maneira.
Ti eres quen marca este punto e final, non o tempo. E iso, meu amigo, dalle máis forza da que eu nunca xamais pudera terlle dado.