Hai días que a ansiedade me agobia no peito, que colle ao meu corazón de rehén ata que o meu cerebro atope un razonamento para non culpabilizarme desa maneira. Hai veces que creo que debería ser mellor, ser perfecta e agradar a todos; que penso que o meu criterio é peor que o do resto só por non poder cumplir as súas expectativas.
Ao final, só se trata de intentar dar o mellor de ti a pesares das circunstancias.
4 dic 2015
11 jul 2015
Tenrura
Tenrura.
Que fermosa palabra.
Hai que pronunciala con cariño para non omitir ningunha das súas letras. Se o fas correctamente, cobra vida propia.
É con tenrura como miramos aos nenos, eses pequenos amasallos de ideas incompletas e moito máis claras e simples que as nosas, como se co tempo se nos tiveran esquecido.
Con tenrura miramos á nosa parella, aquela na que confiamos para que nos acompañe ao longo do noso camiño, e que nunca está tan fermosa como cando nos devolve a súa mirada tenra.
Con tenrura miramos atrás, mirámonos a nós mesmos. Con tenrura pensamos nos erros que cometimos, nas decisións que tomamos e nas persoas nas que confiamos. Con tenrura abrazamos e perdoamos.
Pero moi amodiño, para non omitir ningunha das súas letras.
Con tenrura vemos bailar aos nosos amigos, cantamos con eles, escribimos unha nota, lémoslle a alguén...
Con tenrura vivimos de maneira incríblemente fermosa. Pero amodiño, para non omitir ningunha das súas letras.

8 may 2015
O vals dos monstros
Estou cansada de bailar o vals dos monstros. Non quero pretender ser ninguén. Non quero que me abracen porque me crean outra persoa. Estou cansada de pasarme tardes aprendendo un guión para interpretar a persoaxe adecuada a cada situación. Estou cansa de que me xuzguen. Estou cansa de xuzgarme.
E se o prezo que teño que pagar por deixar de bailar é a soidade, que así sexa.
8 de Maio
Estou segura de que dentro de anos, seguirei mirando fotos vellas e sendo consciente de canto perdín estes meses. O peor da depresión non é estar triste; é perder a ilusión, as ganas, a confianza en ti mesma. O brillo que iluminaba o teu sorriso, a autenticidade que tiñan as cousas que facías con mimo e dedicación... todo se apaga. Perder parte de quen eres, o que che identifica. E que queda?
Que demo queda agora?
Qué quedará cando a tristeza tamén se vaia?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)