8 may 2015

O vals dos monstros

Estou cansada de bailar o vals dos monstros. Non quero pretender ser ninguén. Non quero que me abracen porque me crean outra persoa. Estou cansada de pasarme tardes aprendendo un guión para interpretar a persoaxe adecuada a cada situación. Estou cansa de que me xuzguen. Estou cansa de xuzgarme. 
E se o prezo que teño que pagar por deixar de bailar é a soidade, que así sexa. 


 

8 de Maio

Estou segura de que dentro de anos, seguirei mirando fotos vellas e sendo consciente de canto perdín estes meses. O peor da depresión non é estar triste; é perder a ilusión, as ganas, a confianza en ti mesma. O brillo que iluminaba o teu sorriso, a autenticidade que tiñan as cousas que facías con mimo e dedicación... todo se apaga. Perder parte de quen eres, o que che identifica. E que queda?
Que demo queda agora? 
Qué quedará cando a tristeza tamén se vaia?