31 may 2013

5 a.m.

                Adoro as series. Encántame viciarme a elas, ver un capítulo tras outro, meterme na historia e vivir co que eles viven, co que eles sufren, co que eles arreglan.
                Pero de vez en cando, as temporadas rematan, non quedan historias alleas nas que meterse, nas que perderse, nas que aislarte. E atópaste soa, tirada na cama ás 5 a.m. Sen saber que facer, sen querer durmir, sen querer espertar. 
                Perdida na túa propia vida.