4 ene 2010

Novo ano, nova vida.
Moita xente, sobre todo cando pasa malas épocas, emprega esta frase para poñerlles un punto e final. O feito de que fai anos un papa decidira que o tempo ía a ser medido así, creen que lles da poder para facer o que ata agora non foron capaces.

Non obstante, eu podo afirmalo sen mentir "novo ano, nova vida". Porque non é o novo ano o que me da forza, senon o feito de que me traizoaras desta maneira.
Ti eres quen marca este punto e final, non o tempo. E iso, meu amigo, dalle máis forza da que eu nunca xamais pudera terlle dado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario