9 feb 2010

A verdade

Todos temos días nos que desexamos estar sós, conectar co noso interior, acadar esa verdade que só o silencio e a tranquilidade nos pode proporcionar.
Algúns precísano máis... pasan horas mortas encoitando unha canción, que esconde a voz da súa alma entre as notas.
A outros, en cambio, chégalles cunha noite de soños, nos que recorren o seu subsconciente e os seus inconfesables desexos.
Hoxe, eu son das que evita esas situacións, eses momentos, coa teima de que a verdade que gardo non sexa a que eu quero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario