Estar á sombra dalguén...
Unha amiga, un irmán, un compañeiro... simplemente, alguén próximo. Alguén que brilla, que destaca en algo. O seu brillo impide que a xente vexa a túa valía.
Non o fai con mala intención... ás veces, nin sequera é consciente do efecto que produce.
Pero ti si.
É doloroso sentirse ignorado, sentir que a xente non aprecia as túas capacidades, que os que te rodean, ós que queres, non poden ver o que eres porque tes preto a alguén que se che asemella...
Pero o máis preocupante é que, amiúdo, incluso ti mesmo eres cegado, e rematas por esquecerte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario