21 ene 2011

False friends

É moi fácil... simplemente, deixarse levar e esquecerse de todo... deixar as responsabilidades da túa vida e da túa felicidade noutros ombros... simplemente, deixarte levar.
Tenta, moito máis do que eu nunca pensei. Que a túa vida sexa simple, que só se trate de el... el é todo... a túa razón de vida... o por qué de cada día...
Que fácil é deixarse levar.
Aquel tipo de persoas polas que sempre sentín desprecio...
Ese tipo de reaccións que critiquei toda a miña vida...
Eso é o que agora me está absorvendo... unha definición sinxela de felicidade...
Demasiado sinxela.

Non é máis que unha enfermiza dependencia que esconde o medo a ser libre, a valerte por ti mesma, a sufrir polos teus golpes e a desfrutar dos teus logros.
Porque a túa vida é só túa.
Non o esquezas...
Porque quererte a ti mesma non fai que outro amor sexa menos importante...
Non o esquezas nunca: necesitar e amar non son sinónimos.

16 ene 2011

Sigue...

... e non deixes que o pasado che persiga.