11 jun 2013

Bocetos

Hoxe tomei unha decisión difícil. Decidín decidir.
Collín unha folla en blanco, un bolígrafo e un anaco da miña vida. E xoguei con elas, intentando debuxar o que quero. Pero só conseguín un pequeno boceto do que pode ser.
Porque, obviamente, é só un boceto.
Obviamente, non vai a ser definitivo.
Obviamente, non é máis que un parche.
Obviamente.
Porque se fose o definitivo, sería moi grave equivocarme. Se o fora, fallar sería imperdonable. Se o fose, agora mesmo estaría tremendo na cama, sen ser capaz de durmir.
Pero, obviamente, como todo o que decidín ata agora, non é máis que un boceto. Algo do que podería chegar a ser.
E todo segue sendo posible.