14 dic 2012

Sobre meditacións

            Hoxe meditei sobre demasiadas cousas; tantas, que se agolpan na miña cabeza, intentado saír todas á vez. E así, acaban por carecer de coherencia.
           Meditei sobre os cambios. Sobre como amiúdo estamos seguros de non querer o que temos, pero non ter moi claro tampouco o que si queremos. De como amiúdo nos lanzamos cara algo novo, cara algo descoñecido, simplemente por fuxir, atrapándonos a nós mesmos noutra situación que non resolve nada, non sendo o que queremos. Nunca nos paramos a pensar o que queremos e, cando o facemos, estamos pouco afeitos a facelo, e a confusión impregna as nosas ideas.
           Meditei sobre a choiva. Hoxe chove, coma sempre. Un temporal forte azotou o noso camiño de volta. As árbores da alameda de Santiago axitábanse cun son case infernal sobre as nosas cabezas, facéndome sentir pequena, insignificante.. preparada para o que o mundo decida facer co meu camño, preparada para afrontalo, para loitar e sobrevivir, aínda que unha árbore me caia enriba. Ese son, este vento... faime sentir viva, forte, impaciente por vivir eso que non sei que é pero que teño claro que aínda non chegou.
           E meditei sobre o agora; o presente, ese pequeno e perfecto agasallo. Sobre as cousas que sinto impulso de facer pero que creo non poder. Sobre as cousas que traen máis prexuízos que alegrías, pero que, aínda sabéndoo así, fan morrer unha pequena parte de min cada vez que mas nego. Sobre como eso me vai "podando", transformando. Sobre a persoa que son, a persoa que fun e a persoa que me convertirei. Sobre a persoa que quero ser.

21 oct 2012

Un bogavante

Hoxe ía de camiño á casa cando me atopei cunha pecera. Estaba chea de nécoras e bogavantes. E un destes últimos, miroume, e díxome que eu era unha persoa sensible.
Aínda non puiden descartar que teña razón. Creo que, a partir de agora, escoitarei a esa especie con máis atención.

9 oct 2012

Insomne

                     Tic... tac.... tic....tac.... Tan soa como ese pequeno reloxo, que fala consigo mesmo para entreterse mentres o resto dormen.... De cando en cando, mira para min de reollo, só para asegurarse de que non me vou a dirixir a el. Non me considera unha boa compañeira de charla nocturna. E supoño que non podo culpalo.
                     A verdade é que son bastante aburrida. Nin sequera sei contestar ás preguntas máis sinxelas para romper o xeo, como a de "por qué ti non durmes?", ou a de "que tal o día?". Supoño que un simple "ben", ou un "non me apetece" sería máis cómodo que rebuscar no meu interior... Pero tamén menos sincero. Eu eu nunca lle minto á lúa. Xa facía tempo que non falamos, pero cando cadramos, gústame pensar que nada cambiou, que ela sigue pensando en min algunha que outra noite, preguntándose que será da miña vida. Gústame pensar que sorrí pensando nas horas que pasamos xuntas, mirándonos a unha á outra, chorando e rindo sen ter moi claro o por qué... Simplemente, deixándose levar como se ambas fóramos nubes nunha noite ventosa.
                     Supoño que simplemente, sería mellor que durmise un pouco. Estou segura de que o meu pequeno reloxo mo agradecería: non deixa de afirmar que os meus desvaríos van a peor con cada noite que paso esperta. Sí, será o mellor...
                     Só espero que a lúa pense esta noite en min, que mire cara abaixo e se pregunte se estou durmindo. Ese pensamento sempre me tranquilizou. Gústame crer que alguén se lembra de min, e que non son só unha nube á que o vento levou fora da súa vista. Supoño é algo que me fai sentir menos soa. Pero claro, non son máis que tonterías. Despois de todo, só son unha rapaza que fala co seu reloxo.

30 sept 2012

Winter is coming...

              Facía xa tanto dende que vivín esta rutina, que aínda non me habitúo a ela. Quizais sexa porque nunca foi exactamente esta...
              Síntome tranquila, vigorosa, cómoda, emocionada... síntome feliz. 



              O inverno case sempre ten este efecto en min. Cálmame, méceme como unha canción de cuna. Faime acurrucarme en cálidas e suaves mantas, que semellan protexerme de todo mal, que me aislan de toda preocupación, que me empuxan a vivir segundo os meus designios, e os de ninguén máis.
              Síntome como unha pequena nena, perdida no medio da neve, á que súa nai lle puxo un abrigo e un gorro gordiños, para evitar que pase frío. Ela non é consciente de tal cousa, non se preocupa por ese detalles, tan fascinada que está coa caída dos copos de neve... non pensa en outra cousa que non sexan as posibilidades que ese pequeno milagro lle ofrece... Pero malia a súa inocencia, está protexida de todo mal, de todo dano. Para que viva e desfrute do seu mundo. Para que só teña que preocuparse por ese pequeno copo de neve aterrou no seu diminuto nariz. 
              O inverno é, sen dúbida, a miña estación favorita. Cálida, malia o que poida parecer nun principio... nunca te abrigas tanto como en inverno. Chea de recordos cargados de emoción, sobre vellos comezos. E, sobre todo, chea de novas posibilidades. 

28 sept 2012

Bucarest



                  Vexo unha antiga foto, e entrame unha especie de morriña. De añoranza. Unha sensación no estómago que me fai sorrir e recordar os tempos nos que saquei esa foto. A cantidade de veces que recorrín ese sitio sen pensar que nunca volvería. E sen pensar que, unha vez non puidera volver, o botaría de menos. "Xa está", pensaba. "Estibo ben, nada máis. Foi unha experiencia para recordar o que aprendín dela.".

                  E aquí estou hoxe, contra todo pronóstico, botando de menos aquel camiño que antes apuraba. Aquel cuxos días ía tachando, añorando á súa vez os días da miña rutina habitual. Aquel no que nunca mirei atrás... no que nunca crín que fora a facelo. Pero agora, exactamente un ano despois, doume conta das cousas que cambiaron naquel tempo, das sensacións novas que non apreciei o suficiente... desa melodía que me acompañou, e que se convirteu nunha canción de cuna...



                  Non vou a dicir que desexaría volver, ou que a vida que alí levaba sexa a que quero agora. Non era o lugar, non era o idioma, non era a xente... era a liberdade. De que só o agora importa, de que o tempo é infinitamente meu, infinitamente libre, infinitamente infinito... o presente sempre presente... Era a concepción de que a miña vida está no agora, no momento, no instante... Eran aqueles 4 meses interminables, como é a vida para cada un de nós... e que remataron, igual que o fará a vida para cada un de nós. Con días máis planeados, con días improvisados, con días vacíos.
                  En Bucarest vivín. Eu. E sen máis guía que eu mesma. Supoño que é o que a xente sinte cando chega á universidade. Supoño que é o que eu sentín nese momento tamén, aínda que agora non o lembre. É unha vida paralela, cun principio e un final, unha pausa para ser ti, ou para non selo. Un momento para descubrir.
                  E iso fixen. Os lados bos, os lados malos. O meu pequeno erasmus... a miña pequena aventura... A odisea ó meu interior, o parto da miña alma. Doloroso, atemorizante... realizante. E esquecelo está máis alá do meu control.
                 
                 E agora sei o que é a miña vida, o que a fai seguir sendo, e o que lle transmite significado. Sei o que me agarda... e estou preparada.

26 ago 2012

O Eu de Nós

Non me gustan os valores desta sociedad. Non me gusta o snob que somos, o preocupados que estamoas por estúpidos pequenos rituais, como eso fora decisivo para determinarnos como pertencentes desta especie. 
Non me gusta que a opinión dunha persoa determine a de miles, e aínda sabendoo, esta teña tanta importancia no noso estilo de vida. Non me gusta o noso estilo de vida, contaminado, infeliz. Ensínanche a sabrificarte por un futuro, ata que eres demasiado vello para telo. E entón, xa non che quedan forzas para rebelarte, nin inxenuidade ou entusiasmo para crer que o cambio poida ser posible. Non me gusta a visión dogmática, na que a existencia de 2 opinións diferentes implica que unha delas debe de ser, por forza, equivocada. E unha vez que decides que o é, decides que sempre o foi, e que sempre o será. Pero sobre todo, non me gusta que os meus soños, desexos e, sobre todo, os meus medos, me sexan impostos.
Chegou a hora de pensar sobre quen eres e, especialmente, sobre quen queres ser.

31 jul 2012

Estrelas fugaces


Gústame mirar estrelas fugaces. Tirarte na area da praia, expectante.
A maioría do tempo pásasto así, simplemente esperando a que algo pase, mirando o ceo. Sabes que non debes apartar os teus ollos nin un instante, ou perderaste algo. Permaneces totalmente atenta, simplemente esperando.
E entón, cando xa dubidas que algo vaia a pasar... vela.
Parece só un reflexo, nos límites da túa visión. Dirixes rapidamente a vista cara alí, pero xa non queda nada por ver.
Foi tan rápida... nin sequera estas segura de tela visto.
Miras atentamente... e de novo.
Noutro dos estremos do teu campo visual. Esta vez sí estás segura... verdade? Quero dicir, non estabas mirando, cara alí, pero... Outra. Xusto, onde mirabas... ou foi só unha mala xogada dun pestanexo rápido? Alí arriba! Agora! Ou era só o teu propio pelo?
E aquílo...? Non, esa non foi unha estrela.

Mórdeste os beizos, e sigues agardando.
Dubidas.
Xiras a cabeza unha e outra vez.
E segues esperando,
cada vez máis esixente,
cada vez máis impaciente...
pero segues,
sentada,
disposta a atopala.
Malia que a luz da lúa te cegue, e o frío te consuma.
Esperas
e esperas...

E...
alí.

Non pasou exactamente onde estabas mirando, pero non importa.
Algunhas estrelas brillan demasiado para que sexa posible confundilas con outra cousa.
Demasiado para poder negalas.
Pechas os ollos, intentando conservar ese fulgor. Pero non sirve. O fulgor xa non está, pero...
o teu sorriso sigue ahí, mantendo vivo o seu recordo.
Un que non se apagará,
un que volverá cada vez que mires ó ceo.
E nunca, ningunha estrela, lle fará sombra a ese fulgor, que acendeu o teu corazón, que te deixou sen respiración...
... ou si?
Pide un desexo.



28 jul 2012

Algún día da miña vida.

Non teño claro cando é hoxe. Non sei cando será mañán.
Só sei que agora estou viva, esperta... ou iso parece.

2 jun 2012

Foto nº9

           Fai tempo xa que non escribo. Ese pequeno gusanillo que me invadía de cando en cando, mostrábase ausente. Quizais estaba ocupado, quizais canso. Quizais, simplemente, non lle apetecía. Pero volveu, coma sempre volve, porque se sentía só.
           E coma dous amigos inseparables, bailamos unha canción. Xuntos xiramos, unha e outra, e outra vez, ata que deixou de importar o que estaba arriba e o que estaba abaixo.




22 feb 2012

Poema perdido

Din algúns poetas
que o pasado foi mellor
mentres outros aseguran
un futuro esplendedor.

Eu dígolles a ambos
que a que avisa non é traidora,
que disfruten do presente
que é o único que teñen agora.

Quen recorda o que quedou?
Quen sabe o que virá?
O presente, meus amigos,
é o qu enon nos fallará.

1 ene 2012

De Cómo Resumir Un Ano: 2011

Pola libertade a todo, un dereito, un deber. Ó alcance da man con só superar o medo.
E tamén por eses días difíciles, nos que lle das máis valor ás opinións dos demais que ás túas propias.
http://www.youtube.com/v/9gWMjHnBj-A
Whatever - oasis

Polas debilidades, que forman parte de nós. Incluso "unha muller independente chora, de cando en cando, como unha meniña"
http://www.youtube.com/v/Pl1TsWjKO4U
Crying like a child - Utada Hikaru

Polos pequenos detalles, os que realmente che fan feliz. Non hai nada como o placer de quitarte os zapatos e gardar basura nos bolsillos.
http://www.youtube.com/v/8bFIpYLSMhw
The Ghost of Corporate Future - Regina Spektor

Polas reflexións ata altas horas da madrugada.
Por dudar de todo, e acertar de cando en cando.
http://www.youtube.com/v/1gv8yHyJnOY
What You Don't Know - Jonatha Brooke

Polo orgullo de superarse a unha mesma, de esforzarte polo que queres, aínda que non o consigas. Polo orgullo de loitar por min mesma.
http://www.youtube.com/v/kA9xCmjoKaw
Remember - Kari Kimmel

Porque aínda que sabes que algún día atoparás o camiño, hoxe, simplemente, queres rendirte. E, sobre todo, polo insomnio: sen el, non sería quen son.
http://www.youtube.com/v/JzigDWOweVw
Wreck of the day - Anna nalick

Por sáltate as túas propias definicións, e permítete derramar unha bágoa de emoción ante unha canción pastelosa.
http://www.youtube.com/v/9NTfNEneye8
Prom Theme - Fountains Of Wayne

Polo valor para marcharse, polo medo a chegar.
http://www.youtube.com/v/Mw2cy_7rWF0
Copenhague - Vetusta Morla

Polo pracer de estar a soas, contigo mesma, e que non che pareza unha canción triste.
http://www.youtube.com/v/4fSdfwS4Oy8
Igús sin primavera - Vetusta Marla

Polos cambios que se producen cando descubres algo novo sobre ti mesma.
http://www.youtube.com/v/QnnhtSjggTQ
Yellow - Jem (cover da canción de Coldplay)

Porque hai cousas que nunca cambian, pasen os anos que pasen. A canción que inaugurou estes resumos, e a que pecha este.
http://www.youtube.com/v/gGdGFtwCNBE
Mr. Brightside - The Killers

E porque no fondo, unha canción significa o que ti queres que signifique. Por moito que a odie, non podo evitar sorrir ó acordarme de vos.
http://www.youtube.com/v/Oe1fRwgGu5E
Mi niña bonita - Chino y Nacho