15 dic 2009

Morriña

As cousas que máis se botan en falta son as máis pequenas.... o feito de que non sexa eu xa a primeira en enterarme das cousa que che pasan.

14 dic 2009

Cómo se pode ser tan tonta?
Correr a túa chamada sen dubidar. Escoitar ata a mínima palabra que me dedicas. Atender ós teus xestos, ás túas miradas... Querer coñecerche de verdade, sexas quen sexas agora...
Facer todo isto, consciente do sufrimento que me conlevará.
Pero o máis incríble é alegrarse porque, como mínimo, agora xa sei as consecuencias.

5 dic 2009

Interludio

Este blog semella ter cambiado nos últimos meses... toma un ton máis intimista, máis privado.
Novas necesidades...
Supoño que recolle esas cousas que preciso dicir, pero que nin sequera podo contarme a min mesma.

3 dic 2009

Procurando

Ando na procura de algo
Algo que me faga sentir viva, que encha este día a día sen razón aparente. Que faga que a dor que produce seguir vivindo vala a pena. Que o traballo de manter os ollos abertos se vexa recompensado.
E non o atopo.
Mais sigo buscando. Porque iso implica conseguir un futuro para continuar coa miña procura. Un futuro no que, con sorte, o atoparei.
Porque sufriría unha vida enteira se existe unha posibilidade de que un dos seus segundos sexa feliz.

Shima

Por qué me sigues?
É tan fácil refuxiarse en ti...
Deixar que me protexas do mundo cos teus brazos, como se fose unha meniña...
Que me cantes polas noites
Que me abraces cando choro
Que me peines cando preciso cariño
Que seques as miñas bagoas
Que escoites as miñas máis profundas penas

De novo, esquéceseme que o mundo non é branco ou negro...

1 dic 2009

A pirámide de Abraham Maslow

Tipos de motivacións:

Necesidades fisiolóxicas: Fame, sono...
Seguridade: ter un fogar, economía...
Pertenencia/amor: necesidades sexuais, amizade, sentirse integrado nun grupo
Estima: sentirse valorado, tanto polos demáis como por un mesmo
Realización: ser creativos, desenvolver talentos...

Cómo se pode reducir en tan sinxela clasificación todo desexo que nos impulsa día a día, a levantarnos e seguir vivindo?

30 nov 2009

Por que?

Unha vez dixestesme que me querías, por ser eu.
Nunca o entendín
Recordo a forza, a intensidade coa que intentabas explicarmo. "Non se trata de que teñas algo que me cautive, senon unha esencia... o que che fai ser quen eres... por iso estou namorado de ti"
E seguín sen entendelo.
Entón dixéstesme que, por moito que cambiase, non poderías deixar de quererme. Non se trataba de quen era, senon da miña persoa.
Non o entendín
Falaches entón dos meus pequenos detalles, da maneira en que me reía, dependendo de se me atopaba cómoda, de se ría por cortesía, por cóxegas ou era unha sincera gargallada.
E, aínda así, non conseguín entrever o que querías dicir. Pero as túas palabras cautiváronme de tal maneira... O énfase que lle poñías a cada unha das razóns dáballes o significado que non conseguía atopar.
Así que, simplemente, creínche.

Mágoa que estibeses mentindo

3 ago 2009

Galego reintegrado

Estou farta de que os galegos falantes sexamos aplastados e marxinados, e morro cas ganas de loitar pola miña lingua. Pero... cal é esta? Os propios galegos non nos poñemos de acordo.
Atopei un "Manual de Iniciaçon à Língua Galega", publicado xa fai anos, e que me pode axudar nesta decisión. Unha debe coñecer o que vai defender antes de tomar partido.
Deixo o link por se alguén se ve na mesma situación ca min:

http://issuu.com/fromgaliza/docs/manual-iniciacom-lingua/21?mode=embed&documentId=080209233130-d4af9aad18ac4a6d82635d2c9fe33c93&layout=grey

Moita sorte, amigos galegos, na nosa loita pola defensa do noso pobo e a nosa cultura.

28 jun 2009

Fragmento 1

Non son diferente a vos. Non vou contar algo que vos sorprenda, nin que vos resulte extraño. Se iso é o que queredes ler, coñezo un montón de títulos de literatura fantástica que vos poden interesar.
Pero este fragmento non pertence a eles.
Como vos, adoro ler. Pásome o día metida entre letras. Busco algo que me cautive, que me emocione. Devoro libros na súa procura. Amiúdo semella máis ben, que son os libros os que me devoran a min. Certo é que non é unha busca inútil. De cando en cando atopo aquelo que procuraba. Mais só dura unhas horas...
Co tempo, só se convirte en recordos e, ás veces, nin iso. Nunca ocorreu, acaso, que non somos quen de recordar con exactitude o argumento dun libro, que se viu fusionado con outras historias? Non resulta frustrante ter empregado días nel, para que, co paso dos anos, non esteamos seguros de se un feito ocorría antes ou despois doutro?
Un pensa entón, non só ó tempo que lle dedicou a eses coñecementos, senon ó tempo que no futuro lle dedicará. Porque, ademáis de ter consumido xa gran parte da súa vida, converteuse nunha droga sen a que non se pode vivir. Tan precisa como a comida ou o descanso, a literatura seguirá consumindome pouco a pouco.

19 may 2009

Adeus

O noso é un amor imposible
por moito que eu o intente
por moito que eu o queira
por moito que eu te busque
por moito que eu che añore
O noso é un amor imposible.

Só existiches na miña mente
Tan só na miña imaxinación
Así que o noso é un amor imposible
maila que a min me doia admitilo.

Así que non insistirei
Despídome
como fai tempo que debín facer
Adeus... papá.

8 feb 2009

Prólogo

Aquí me atopo, comezando un blog cuxo fin non é outro que abrirme ó mundo e expresar o que desexe. De todos os que o atopen e accedan a el, moi poucos poderán lelo e, probablemente, a moi poucos deses gustará. Con moita sorte, atopareime cun seguidor despois de 5 anos de entradas. Mais iso non me detén en absoluto.
Quero expresarme, e maila que se me de mellor en castelán, as verdades íntimas, o arte saído do meu corazón e da miña alma só podo expresalo en galego, pola sinxela razón de que a miña alma é galega.
Para poder plasmar os sentimentos que quero, os que me embargan, nesta páxina, teño que limitar ós meus lectores.
Por iso, a primeira entrada non vai expresar outra cousa que o resumo, por dicilo dalgunha maneira, do blog enteiro.
Freedom nace para vaciar a miña alma, non para compartila con outros. Non quere dicir isto que prohiba a entrada nin moito menos. Para iso, non publicaría en Internet. O que quero dicir e que, na miña orde de prioridades, dicir o que penso vai antes que contentar a quen me le.