20 mar 2010

Onde estás?

Din as vellas lendas, que os seres humanos eramos dobres en orixe... existían homes-mulleres, homes-homes e mulleres-mulleres...
Non obstante, un bo día, fumos cortados á metade...
Agora, como seres incompletos, vagamos buscando o outro ser que nos enche como individuo...

Eu non busco un amor verdadeiro, non busco unha amiga única, non busco un familiar ausente, nin tampouco busco a miña verdadeira eu.
Sona egoísta pedir, vindo dalguén que xa ten todo iso, pero a natureza humana é avariciosa... as persoas felices movémonos día a día, loitando por cousas que nos sigan facendo sentir ben, por cousas que nos fagan máis felices, por máis emocións, máis aventuras, máis sentimentos...
E esa avaricia é a que nos fai loitar, a que nos fai quenes somos... a que nos fai vivir realmente.

E esa, amigos, é a avaricia que eu estou pedindo.

1 comentario:

  1. non sabía eu da existencia deste blog... interesante...

    ResponderEliminar