19 jul 2014

Danza macabra

          Soaba unha canción na pista de baile que os fixo mirarse. E unha vez se atoparon, miráronse longamente; xa non tiña sentido seguir negándose. Así que camiñaron ao centro con máis seguridade da que sentían.
          Non saberían dicir quen deu o primeiro paso naquel día. Nin sequera quen o dera noutras ocasións. Pero daba igual; coñecíanse tan profundamente que o baile salíu só. Non era rítmico. como adoita ocorrer cando o mellor e o peor de ti deciden improvisar. Pero foi fermoso, foi sincero, foi... foi aquilo que buscabas.