Síntome tranquila, vigorosa, cómoda, emocionada... síntome feliz.
O inverno case sempre ten este efecto en min. Cálmame, méceme como unha canción de cuna. Faime acurrucarme en cálidas e suaves mantas, que semellan protexerme de todo mal, que me aislan de toda preocupación, que me empuxan a vivir segundo os meus designios, e os de ninguén máis.
Síntome como unha pequena nena, perdida no medio da neve, á que súa nai lle puxo un abrigo e un gorro gordiños, para evitar que pase frío. Ela non é consciente de tal cousa, non se preocupa por ese detalles, tan fascinada que está coa caída dos copos de neve... non pensa en outra cousa que non sexan as posibilidades que ese pequeno milagro lle ofrece... Pero malia a súa inocencia, está protexida de todo mal, de todo dano. Para que viva e desfrute do seu mundo. Para que só teña que preocuparse por ese pequeno copo de neve aterrou no seu diminuto nariz.
O inverno é, sen dúbida, a miña estación favorita. Cálida, malia o que poida parecer nun principio... nunca te abrigas tanto como en inverno. Chea de recordos cargados de emoción, sobre vellos comezos. E, sobre todo, chea de novas posibilidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario