Vexo unha antiga foto, e entrame unha especie de morriña. De añoranza. Unha sensación no estómago que me fai sorrir e recordar os tempos nos que saquei esa foto. A cantidade de veces que recorrín ese sitio sen pensar que nunca volvería. E sen pensar que, unha vez non puidera volver, o botaría de menos. "Xa está", pensaba. "Estibo ben, nada máis. Foi unha experiencia para recordar o que aprendín dela.".
Non vou a dicir que desexaría volver, ou que a vida que alí levaba sexa a que quero agora. Non era o lugar, non era o idioma, non era a xente... era a liberdade. De que só o agora importa, de que o tempo é infinitamente meu, infinitamente libre, infinitamente infinito... o presente sempre presente... Era a concepción de que a miña vida está no agora, no momento, no instante... Eran aqueles 4 meses interminables, como é a vida para cada un de nós... e que remataron, igual que o fará a vida para cada un de nós. Con días máis planeados, con días improvisados, con días vacíos.
En Bucarest vivín. Eu. E sen máis guía que eu mesma. Supoño que é o que a xente sinte cando chega á universidade. Supoño que é o que eu sentín nese momento tamén, aínda que agora non o lembre. É unha vida paralela, cun principio e un final, unha pausa para ser ti, ou para non selo. Un momento para descubrir.
E iso fixen. Os lados bos, os lados malos. O meu pequeno erasmus... a miña pequena aventura... A odisea ó meu interior, o parto da miña alma. Doloroso, atemorizante... realizante. E esquecelo está máis alá do meu control.
E agora sei o que é a miña vida, o que a fai seguir sendo, e o que lle transmite significado. Sei o que me agarda... e estou preparada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario