Que fermosa palabra.
Hai que pronunciala con cariño para non omitir ningunha das súas letras. Se o fas correctamente, cobra vida propia.
É con tenrura como miramos aos nenos, eses pequenos amasallos de ideas incompletas e moito máis claras e simples que as nosas, como se co tempo se nos tiveran esquecido.
Con tenrura miramos á nosa parella, aquela na que confiamos para que nos acompañe ao longo do noso camiño, e que nunca está tan fermosa como cando nos devolve a súa mirada tenra.
Con tenrura miramos atrás, mirámonos a nós mesmos. Con tenrura pensamos nos erros que cometimos, nas decisións que tomamos e nas persoas nas que confiamos. Con tenrura abrazamos e perdoamos.
Pero moi amodiño, para non omitir ningunha das súas letras.
Con tenrura vemos bailar aos nosos amigos, cantamos con eles, escribimos unha nota, lémoslle a alguén...
Con tenrura vivimos de maneira incríblemente fermosa. Pero amodiño, para non omitir ningunha das súas letras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario