8 may 2015

8 de Maio

Estou segura de que dentro de anos, seguirei mirando fotos vellas e sendo consciente de canto perdín estes meses. O peor da depresión non é estar triste; é perder a ilusión, as ganas, a confianza en ti mesma. O brillo que iluminaba o teu sorriso, a autenticidade que tiñan as cousas que facías con mimo e dedicación... todo se apaga. Perder parte de quen eres, o que che identifica. E que queda?
Que demo queda agora? 
Qué quedará cando a tristeza tamén se vaia?

No hay comentarios:

Publicar un comentario