26 feb 2014

Que significa a felicidade para min?

        A resposta é 42. Nada ten sentido cando a leo, penso que non é a resposta correcta, que houbo algún erro no seu cálculo. Enfádome con ela, comigo mesmo, e incluso co universo que, cando o miras fixamente, contén todo o inimaxinable, excepto sentido común.
       Pero pode ser que realmente o cálculo estea ben feito, que ese 42 teña todo o sentido do mundo na ecuación prantexada. Simplemente, non me satisface porque onde me equivoquei foi ao facer a pregunta. E qué debo preguntarme?


          Que significa a felicidade para min?

No hay comentarios:

Publicar un comentario