26 feb 2014

Vellos retazos

                Hai cousas que non me gusta dicirme a min mesma. Cousas que me dan ganas de chorar, que me dan medo, que me fan sentir vulnerable e impotente. Cousas que me gustan, cousas que me emocionan e que desexo con forza. Cousas humanas. Cousas.
                Dalgunhas avergónzome. Outras fanme ser quen son. A maioría fanme sentir ambas cousas ao mesmo tempo. Esa pequen caixiña, coidadosamente envolta, para intentar esquecer que mirei dentro, e vin o caos revolto, acurrucado nunha esquina, entre adorable e asustado, que desafía as leis da lóxica con todas as súas forzas. O caos que só quere que o acariñen e o fagan sentir parte de algo. O caos que quere ser humano e, ao mesmo tempo, se cre por encima de todo iso. O caos que xa non sabe o que vai a facer. Que quere botar a correr, que quere fuxir ao seu interior, e seguir odiando ao resto da existencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario