31 dic 2013

Resumo do 2013

Que mellor maneira de resumir un ano que esas cancións que o marcaron, que cantaches e che tocaron a alma nos seus momentos máis importantes.


RESUMO DO ANO EN 12 CANCIÓNS:

Tierra – Xoel López e Iván Ferreiro
Porque o mundo seguirá xirando solitario. E nos seguirémolo intentando cada día.

Roar – Katy Perry
Porque a felicidade non se cuestiona, incluso cando non ten sentido sorrir.


Capital Cities – Safe and Sound
Porque calquera excusa é boa para pararte un segundo a bailar. 


Get Lucky – Daft Punk
Porque non hai mellor maneira de sentirte vida que vivindo segundo os teus designios.


Bonnie M. - Rasputin
Porque aínda me quedan cousas que aprender e descubrir, ao lado de xente que ve quen eres, e che sorrí de volta.


Girl, you'ĺl be a woman soon – Urge Overkill
Porque só podemos vivir sendo fieis a nós mesmos.


Together we will live forever – Clint Mansell
Porque só nós nos poñemos os nosos propios límites.


All this and heaven too – Florence and the Machine
Porque as contradiccións nos fan humanos.


Classy Girls – The Lumineers
Porque as máis estúpidas coincidencias che poden facer sorrir meses máis tarde.
 
Too many friends – Placebo
Porque cando cometes erros podes distinguir que o que estás facendo non o é.


22 – Taylor Shift
Porque adoramos sentirnos solos e libres ao mesmo tempo. Miserable e máxico.


La vie en rose – Edith Piaf
Porque no fondo, a vida consiste en inventarte unha canción, cantala co teu mellor sorriso, e deixar que che sorprenda.


Pero, aínda que non represente o ano, e aínda que sexa a número trece, non podo pechar isto sen unha última canción. 
 Aínda non sei por qué, pero estou segura de que esta é a mellor canción para un striptease.
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario