" Merda existencial: O home está literalmente dividido en dous: ten a conciencia da súa propia espléndida singularidade na que sobresae da natureza con elevada maxestuosidade, pero volve á terra para cegamente e en silencio pudrirse e desaparecer para sempre - Ernest Becker."
" Hai un gran ensaio escrito por Sigmund Freud chamado "En cambio", no que cita unha conversa que tivo co poeta Rilke mentras camiñaban polo seu xardín. E nun momento, Rilke parecía que se ía a botar a chorar, e Freud díxolle "Que ocorre? É un fermoso día, e hai fermosas plantas ao noso redor. Isto é magnifico." E entón Rilke dixo "Non podo esquecer o feito de que un día, todo iso vai a morrer. Todos estas árbores, todas estas plantas, toda esta vida vai a decaer. todo se disolve sen propósito cando pensas en que a impermanencia é real. Seguramente a maior merda existencial de isto é a entropía".
E a min marcoume moito isto, porque quizais esa sexa a razón pola que cando estamos namorados nos sentimos lixeiramente tristes. Hai unha tristeza no éxtase. As cousas fermosas ás veces fannos sentir un pouco tristes. Y é porque apuntan á excepción, á visión de algo máis, á visión dunha porta oculta, un burato de coello a través do que caer. Pero un temporal. E creo que, ao final, esa é a traxedia. Por eso o amor nos enche ao mesmo tempo con melancolía. Por iso ás veces me sinto nostálxico por algo que aínda non perdín, porque vexo a súa transitoriedade. Así que, como respondemos a isto? Amamos con máis forza? Estruxamos con máis tensión? Ou abrazamos a creencia budista do vivir sen apego: Simulamos que non nos importa que todos e todo o que coñecemos vai a sernos arrebatado?
Non sei se podo aceptar isto. Creo que estou máis da parte da cita de Dylan Thomas que di: "Non me irei calado á noite tranquila, senon que me revelarei contra a caída do día". Creo qeu nos desafiamos a entropía e a impermanencia coas nosas películas e poemas. Creo que nos abrazamos con máis forza os uns aos outros e dicimos: "Non vou a deixar ir. Non vou a aceptar a natureza efímera deste momento. Vou a extendelo para sempre".
"Ou, polo menos, vou a intentalo."
No hay comentarios:
Publicar un comentario