Non sempre escribimos na mellor situación, non sempre co mellor estado de ánimo, ou coa concentración necesaria. Non sempre no mellor día ou na mellor hora. Polo menos, non sempre nas mellores condicións para compartir o que sentimos ou reflexar o que somos.
Pero así é a vida, así é como nos enfrentamos a ela. Con medo, con vergonza, en certo modo tímidos e inseguros. Dende logo, en absoluto preparados. Temos que escribir sobre a marcha, organizar as ideas a medida que escribimos, intentando que unha clase de bioloxía celular nos nos faga dudar de quen somos e qué imos a facer coas nosas vidas.
Non hai un corrector ortográfico. Non hai "ler o texto de novo e retocalo". Só un seguir cara adiante, correxindo os erros, parcheando e inventando, máis rápido do que nos fai sentir cómodos, e collendo cada pequeno feito como ferramenta. Usando todos os recordos como utensilio, e empregáando como arma e escudo, quitando os obstáculos con el e apartándoo cando él mesmo se convirte en impedimento.
Así, en crudo.
Así, cara diante.
E seguindo. Sen pausa.
Xa comeremos polo camiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario