19 sept 2013

Dezanove de setembro


               Dezanove de setembro.
 Para min, semella ser só un número máis, unha nova data. Unha que chega, unha que se vai.
               Dezanove de setembro.
 Podo imaxinarme que non é así para todo o mundo. Seguramente milleiros de persoas garden o dezanove de setembro no seu corazón, seguramente esta data esperte neles amor ou tristeza. Seguramente moitos deles contaron esta noite os segundos ata que a agulla chegou ás 12, ata que esta data os fixo sentir especiais e diferentes.
               Dezanove de setembro.
Para min, esta data é un día máis. Non fun consciente do momento en que o dezaoito de setembro se convirteu no dezanove de setembro. Seguramante milleiros de persoas pensan o mesmo ca min, seguramente moitos máis dos que pensan que significa algo. Seguramente á maioría da poboación nos é irrelevante esta data. Totalmente irrelevante.
               Dezanove de setembro.
Seguramente agora sí nos sexa irrelevante.
               Dezanove de setembro.
Seguramente, cando o dezanove de setembro remate, non o teñamos tan claro.
           

No hay comentarios:

Publicar un comentario