2 ene 2019

2018 en cancións

Fai tanto tempo que non son quen de resumir todo un ano que non teño claro como irá isto. Non obstante, de non facelo, non me imaxino cómo me sairía o do ano que vén.
Bueno, oito non está mal para ir quentando.

A mother's confession

Por todo o que sentimos con forza, polo que nos fai sentir pequenos e humanos. Por todo o que no fondo temos en común. Por todo o que non vemos que compartimos. Por aceptarte coas túas virtudes e erros.

https://www.youtube.com/watch?v=G93QKbtH3e0



Behind blue eyes, Noah Hawley cover

Polas experiencias que non podes compartir. Polo tempo que pasas só e que che axuda a desenvolverte como persoa. Por construirte a ti mesma.

https://www.youtube.com/watch?v=0NWzmi65uWk



I ran, A flock of seagulls

Por seguir adiante. Por ser ti mesmo entre a multitude. Porque só os peixes mortos se deixan levar pola corrente. Por correr, da igual a onde. Por non deterse.

https://www.youtube.com/watch?v=iIpfWORQWhU



Sing, Dresden Dolls

Polas cousas que non sabes como expresar. Son as que máis tocan o teu corazón. Ás veces non se poden expresar en palabras e só queda cantar

https://www.youtube.com/watch?v=IfvZHKyjISs



Time is running out, Muse

Algunhas cousas non cambian. Incluso cando se acaban, a sombra da súa existencia sigue formando unha parte innegable de ti. Acompañándoche ano tras ano.

https://www.youtube.com/watch?v=O2IuJPh6h_A



La llorona, Coco

Aunque la vida me cueste, no dejaré de quererte.

https://www.youtube.com/watch?v=gF9u4BJ1GU4



Tuyo, Rodrigo Amarante

Polo que che prohiben. Polo que te prohíbes. Polas cousas incorrectas que facemos que son máis que un erro.

https://www.youtube.com/watch?v=CVqJAqRENqU



Eisbär, Dresden Dolls cover

Porque unha canción pode significar mil cousas independentemente do idioma no que esta escrita. O importante é como a cantas. A resposta correcta sempre é a pleno corazón.

https://youtu.be/eCAea_y2AcI?t=240
https://www.youtube.com/watch?v=l4rXxEn6gnU

No hay comentarios:

Publicar un comentario