E esta entrada non ten metáforas, non ten dobles sentidos, non ten ocultos sentimentos. Simplemente, son eu, unha rapaza de case 20 anos, á que lle está costando durmir. Está nerviosa polo que o futuro lle depara.
Mañá ten a estrea dunha obra de teatro, na que ten un papel protagonista, e que a xente que lle importa ven a vela. Gustaríame pensar que non veñen a xuzgarme, e que é imposible que vaia a defraudar a ninguén. Porque non é por iso polo que veñen. A xente que me importa, á que eu lle importo, ven para apoiarme en algo que significa moito para min. Para disfrutar co meu traballo. Para formar parte da miña vida.
O martes, un avión a madrid agárdame. Alí, collerei outro que me levará moito máis lonxe, ata a outra punta de Europa polos próximos 4 meses. E pode resultar intimidante. De feito, sí o resulta, e amiúdo me deixa sen alento. Pero... non me sinto soa. Soa é o último que me sentiría agora mesmo, xa que en este mesmo instante, comprendo mellor ca nunca os lazos que formei estes anos. Porque aínda que cando estás acurrucada na túa cama pode parecer que non estar é o mesmo, que a xente se acostumará á túa ausencia e deixarán de pensar en ti cando fagan plans... a realidade é moi diferente. E sei que, cando saian todos xuntos, cando bailen unha nova coreografía, cando queden unha tarde para xogar ás cartas, ou cando, simplemente, cociñen polo; neses momentos, o nome de Isa virá ós seus beizos. E chegará acompañado dun sorriso.
(A 3 días)
No hay comentarios:
Publicar un comentario