27 sept 2011

Sensacións ante o cambio 3

1 hora...
E aínda que pareza que o momento non chega.
E aínda que todo pareza unha farsa, un soño que se difuminará no olvido en canto esperte.
E aínda que sinta que esta noite todo será igual, e mañán espertarei co son do Complain del autre.
E aínda que pareza que esta noite teño que cociñar de novo, e tomarei a tarta sobrante de postra.
Aínda que todo pareza igual, xa non o é.
Aínda que a música sexa a mesma.
Aínda que os pensamentos non teñan cambiado.
Aínda que siga escribindo na miña lingua.
Aínda que todo pareza igual, xa non o é.
Ou sí?

Será que me estou enganando? Será que nada cambiou? Será que sigo sendo eu, vaia a onde vaia?

No hay comentarios:

Publicar un comentario